Benvida a DIGI.

Cidadanía Dixital, onde a investigación e a innovación se unen para explorar novos horizontes no ámbito dixital.

Logotipo de DIGI Cidadanía Dixital

EQUIPO

Coñécenos

Somos Cidadanía Dixital (DIGI), un grupo de investigación da Universidade da Coruña que une comunicación, tecnoloxía e sociedade. Investigamos como as persoas interactúan, crean e participan en contornos dixitais cunha mirada crítica, creativa e en clave de igualdade.

PROXECTOS

Descubre os nosos proxectos

En DIGI exploramos como os medios e as plataformas dixitais transforman a cidadanía. Os nosos proxectos abordan a igualdade de xénero, a intelixencia artificial, as narrativas emerxentes e a alfabetización mediática, conectando investigación e impacto social.

COLABORACIÓNS

Sumando esforzos

Colaboramos con persoal investigador de universidades españolas, do ámbito europeo e latinoamericano para impulsar unha mirada aberta e diversa sobre os fenómenos dixitais. Buscamos compartir ideas, experiencias e proxectos. Súmaste?

PUBLICACIÓNS

Queres coñecer as nosas últimas publicacións?

Ilustración do proxecto VIVRAS: mulleres con auriculares, micrófonos e altofalantes nun collage de cor

PROXECTO DESTACADO

VIVRA. Visibilizar voces, construír resistencias

Dimensións, narrativas, experiencias, recoñecemento e sustentabilidade da podcastesfera feminista española. Un proxecto financiado polo Instituto das Mulleres que estuda o podcast feminista en España desde unha perspectiva interseccional.

Investigamos a cidadanía dixital

Se queres colaborar con DIGI, propor un proxecto ou contar coa nosa experiencia en formación e asesoramento, escríbenos.