O proxecto


Obxectivo xeral. Mapear, clasificar e analizar os podcast feministas ou con perspectiva de xénero producidos en España desde un enfoque interseccional, explorando o seu papel pedagóxico e crítico, a sustentabilidade dos proxectos, as motivacións das súas creadoras e os procesos de recepción e confrontación simbólica que xeran nas redes sociais.

Catro eixos

Produción

Motivacións das creadoras, a súa percepción do seu papel no espazo mediático, o acceso a recursos, a sustentabilidade e o grao de profesionalización dos proxectos.

Mensaxe

Cartografía temática e narrativa dos podcast, con atención ás voces diversas e ao humor como ferramenta crítica, e unha taxonomía replicable do podcasting feminista.

Recepción

Como se escoitan e debaten estes contidos en redes, especialmente en TikTok, e que apoios, críticas e violencias dixitais afrontan as creadoras.

Transferencia

Ferramentas abertas para levar os resultados á cidadanía, á educación, ás institucións e á industria do audio.

Como traballamos

O estudo céntrase en podcast producidos en España e publicados entre 2020 e 2024 en Spotify e iVoox. Combina técnicas cuantitativas e cualitativas:

  • Mapeo e base de datos de podcast feministas ou con perspectiva de xénero.
  • Análise de contido e do discurso dunha mostra de títulos con traxectoria ou impacto.
  • Enquisa en liña a creadoras de podcast e entrevistas en profundidade.
  • Análise da recepción e das interaccións en redes sociais.

Unha perspectiva interseccional

O proxecto atende tanto ao contido como ás voces que o emiten, e dá prioridade ás iniciativas creadas por mulleres racializadas, persoas LGTBIQ+, migrantes, con discapacidade ou do contorno rural.

FINANCIAMENTO

Proxecto financiado polo Instituto das Mulleres (Ministerio de Igualdade) na convocatoria de subvencións para a realización de Investigacións Feministas 2025 (expediente 39-05-ID25). Entidade beneficiaria: Universidade da Coruña.

Logotipo do Ministerio de Igualdade e do Instituto das Mulleres

Investigadora principal: Teresa Piñeiro-Otero · Grupo DIGI – Cidadanía Dixital