Política de privacidade


Esta web está xestionada polo grupo de investigación Cidadanía Dixital (DIGI) da Universidade da Coruña. A través do formulario de contacto podemos recoller datos persoais como o nome, o enderezo de correo electrónico e o contido da mensaxe. Facémolo co consentimento das persoas usuarias e coa única finalidade de atender as súas consultas, xestionar actividades e difundir información sobre os nosos proxectos.

Os datos utilízanse exclusivamente para estas finalidades e non se cederán a terceiros, agás obriga legal. A web está aloxada nos servidores da Universidade da Coruña.

Esta web non usa cookies de seguimento nin de publicidade. Só pode empregar as cookies técnicas imprescindibles para o seu funcionamento.

As persoas usuarias poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade escribindo a teresa.pineiro@udc.es. Así mesmo, poden presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).

Esta web non está dirixida a menores de idade e non recolle de forma intencionada datos persoais deste colectivo.