Fas podcast? Queremos escoitarte
Estamos a realizar unha enquisa a mulleres e disidencias que crean podcast en España, sexan ou non feministas. Queremos coñecer as vosas traxectorias, motivacións, formas de sustentabilidade e financiamento, e como percibides o impacto dos vosos contidos.
A túa experiencia axudaranos a construír un diagnóstico do ecosistema sonoro e recomendacións útiles para creadoras, institucións e plataformas.
Tamén atoparás a ligazón no noso perfil de Instagram, @digi_udc.
Coñeces un podcast que non debería faltar?
Se coñeces un podcast feminista ou con perspectiva de xénero producido en España —especialmente se dá voz a mulleres racializadas, migrantes, LGTBIQ+, con discapacidade ou do rural—, cóntanolo.
As respostas trátanse de forma confidencial e só con fins de investigación. Consulta a nosa política de privacidade.
FINANCIAMENTO
Proxecto financiado polo Instituto das Mulleres (Ministerio de Igualdade) na convocatoria de subvencións para a realización de Investigacións Feministas 2025 (expediente 39-05-ID25). Entidade beneficiaria: Universidade da Coruña.

Investigadora principal: Teresa Piñeiro-Otero · Grupo DIGI – Cidadanía Dixital
